23 feb 2012

A Academia Galega de Seguridade Pública impartirá un curso de defensa persoal para o persoal do servizo de emerxencias do 061

Santiago, 19 de febreiro de 2012.- A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) impartirá un curso de defensa persoal destinado ao para o persoal sanitario de urxencias sanitarias de Galicia-061.

O vindeiro 23 de febreiro dará comezo na sede da Academia, na Estrada, un curso destinado ao persoal do 061, que ten coma obxectivo principal capacitar o persoal asistencial nas técnicas axeitadas para a protección da súa integridade física.

O curso basease na transmisión de habilidades prácticas en diferentes destrezas, en como detectar a perigosidade, como establecer un perímetro de seguridade, en técnicas básicas de redución de persoas agresivas, na coordinación do equipo para asegurar a integridade, sen danar a terceiros, e en técnicas de seguridade e defensa persoal e integración coas forzas de orde público.

A metodoloxía do curso consiste na transmisión de habilidades prácticas nas diferentes estacións de destreza. Inicialmente, os instrutores explicarán as diversas técnicas de defensa persoal, e posteriormente os alumnos divididos en grupos levarán a técnica á práctica baixo a supervisión do instrutor correspondente.

O curso terá lugar o 23 de febreiro, e o 1 e 5 de marzo, e será impartido por membros do Servizo de Protección da Policía Autonómica, e por policías locais expertos en defensa persoal.

0 comentarios:

Publicar un comentario