1 ene. 2011

HISTORIA

Na actualidade o Servicio Municipal de Protección Civil do Concello de Brión, está integrado polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal  e  pola  Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

O Servicio Municipal de Protección Civil creouse no ano 2002. Asimesmo, o 15 de xullo de 2004 crease a Xunta Local de Protección Civil.

A Protección Civil Municipal ten como fin a configuración dunha organización en base os recursos municipais e a colaboración das entidades privadas e dos cidadáns , para garanti-la coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante  os danos producidos polas  situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade publica, mediante a realización de actividades que permitan evita-las mesmas , reduci-los seus efectos, repara-los danos e, no seu caso, contribuir a correxi-las causas productoras dos mesmos.

Os Grupos de Emerxencias Supramunicipais  G.E.S., creáronse no ano 2013 a través dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais, en materia de Emerxencias e Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

O presente convenio ten por obxecto colaborar para completar o mapa de emerxencias de Galicia mediante a implantación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais ( GES), como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal.

Os novos  Grupos de Emerxencias Supramunicipais situaranse extratexicamente  en 25 localidades , e ao ter carácter supramunicipal permitirán ofrecer cobertura, xunto cos demais servizos de emerxencia, a un total do 90-97 % da poboación.

Cada GES estará composto por 12 efectivos, cunha estructura profesionalizada e de carácter permanente, dando cobertura a toda a zona de actuación do grupo.

Os GES dependerán tanto xurídica como orgánicamente do ente local polo que foron contractados e en ningún caso terá vinculo laboral coa Xunta de Galicia.

A coordinación técnica, en función das características da emerxencia ou actividade preventiva , será cos servizos contra incendios, cos distritso forestais e/ou coa Central de atención as emerxencias 112- Galicia.

A coordinación ordinaria levarase a  cabo polo concello na que estea situada a base do grupo, tendo presente sempre o seu carácter supramunicipal.