1 ene. 2011

ORDENANZA FISCAL Nº 18-T

[MODIFICACIÓN]  Boletín Nº 233. Luns 9 de decembro de 2013 - Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por servizos de prevención e extinción de incendios, prevención de ruínas, derrubamentos, salvamento, protección de persoas e outros semellantes

Boletín Nº 274. Jueves, 27 de noviembre de 2008

EDICTO Pág. 14032 - Reg. 08/14033-X.

Aprobación definitiva do expediente de modificación da Ordenanza fiscal número 18-T, reguladora da taxa por servizos de prevención e extinción de incendios, prevención de ruinas, derrubamentos, salvamento, protección de persoas e outros semellantes.

Ó non terse presentado durante o período de exposición ó público reclamacións contra o acordo plenario de data 20 de agosto de 2008, polo que se aprobou provisionalmente a modificación da ordenanza fiscal nº 18-T, reguladora da taxa por servicios de prevención e extinción de incendios, prevención de ruinas, derrubamentos , salvamento, protección de persoas e outros semellantes, enténdese automáticamente elevado a definitivo o citado acordo, polo que en cumprimento do artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, publícase o texto íntegro da modificación da ordenanza xa existente, que quedará redactada do seguinte xeito:

ORDENANZA FISCAL Nº 18-T

REGULADORA DA TAXA POR SERVICIOS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS, PREVENCIÓN DE RUINAS, DERRUBAMENTOS, SALVAMENTO , PROTECCIÓN DE PERSOAS E OUTROS SEMELLANTES.

Artigo 1°. Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local , e de conformidad co disposto nos artigos 15 a 19 do RDL 2/2004, de 5 de marzo , polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a “ Taxa por servicios de prevención e extinción de incendios, prevención de ruinas , derrubamento, salvamento, protección de persoas e outros semellantes “ , que se debrá rexir pola presente Ordenanza Fiscal , atendendo as súas normas ó previsto no artigo 57 do citado RDL.

Artigo 2°. Feito Impoñible.
1.Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación de servicios de prevención e extinción de incendios, de prevención de ruinas ,construccións e derrubamentos, inundacións, salvamentos e en xeral, de protección de persoas e bens compredéndose tamén o mantemento do servicio e a cesión persoas e bens, compredéndose tamén o mantemento do servicio e a cesión do uso de maquinaria e equipo adscrito a estos servicios, tales como escalas, cubas, motobombas, barcas, etc, ben sexa de oficio por razóns de seguridade sempre que a prestación do mesmo redunde no beneficio do suxeito pasivo.

2.Non estará suxeito a esta Taxa o servicio de prevención xeral de incendios nin os servicios que se presten en beneficio da comunidade ou dunha parte considerable da población do municipio ou en casos de calamidade ou catastrofe pública oficialmente declaradas.

Artigo 3°. Suxeito Pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, os usuarios dos inmobles siniestrados que sexan obxecto da prestación do servicio, entendendo por tales , segundo os casos, os propietarios, usufructuarios, inquilinos, e arrendatarios dos inmobles.

2. Cando se trate da prestación de servicios de salvamento e outros análogos, será suxeito pasivo contribuínte a persona física ou jurídica e a entidade prevista no artigo 35 da Lei Xeral Tribuaria que os solicite ou a favor da que redunden.

3. Terá a condición de sustituto do contribuínte, no caso de prestación do servicio de extinción de incendio e outros semellantes, a entidade ou sociedade aseguradora do risco.

Artigo 4°. Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarioas do suxeito pasivo, as persoas físicas ou jurídicas as que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores e os s{indicos, interventores ou liquidadores de quebras , concursos sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5°. Exencións e Bonificacións.
Concederánse aquelas exencións e bonificacións expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 6°. Cuota Tributaria.
1. A cuota tributaria determinaráse en función do número de efectivos , tanto persoais como materiais que se empreguen na prestación do servicio, o tempo investido neste e o percorrido efectuado polos vehículos que actúen.

2. Para este efecto publicaránse as seguintes tarifas :




3. En tódalas saídas contabilizaráse o tempo transcurrido dende a saída ata o regreso á base.

4. Cando o servicio non chegue a intervir cobraránse únicamente a saída do vehículo da base , agás en aqueles desprazamentos fóra do concello nos que se cobrarán ademáis os qm percorridos.

Artigo 7°. Obriga de Contribuir.
A obriga de contribuir que da dereito ó cobro da Taxa , prodúcese cando sae da Base a dotación correspondente, momento no que se inicia para todo-los efectos a prestación do servicio.


Artigo 8°. Liquidación e ingreso.
De acordo cos datos que certifique o xefe do servicio, os servicios tributarios deste Concello practicarán a liquidación que corresponda, que será notificada para o ingreso directo na forma e plazos sinalados polo regulamento Xeral de recaudación.

Artigo 9°. Infraccións e Sancións.
En todo ó relativo á cualificación de infraccións tributarias así como as sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase o disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral tributaria.

Diposición Adicional Única
As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta ordenanza pola Lei de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

Disposición Derrogatoria única
A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derogada a Ordenanza fiscal nº 18-T, reguladora da taxa por servicios de prevención e extinción de incendios, prevención de ruinas, derrubamentos , salvamento, protección de persoas e outros semellantes, publicada definitivamente no BOP nº 299 de 29/12/2007.

Disposición Derradeira
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello do Brión en sesión celebrada o 20 de agosto de 2.008 (modificación) e entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, comezará a aplicarse a partir do día 1 de Xaneiro de 2.008.No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Brión, 7 de novembro de 2008.
O ALCALDE

Asdo. José Luis García García.

>> VER A ORDENANZA NO BOP