Un incendio destrúe a cociña e a terraza dun piso de Negreira, e provoca estragos en todo o inmoble.
O lume puido orixinarse nun electrodoméstico da cociña. Non causou danos persoais, aínda que unha muller tivo que ser atendida ao sufrir un mareo.
O incendio comezou contra as dúas e media da tarde na cociña do primeiro piso deste edificio do centro de Negreira, preto de Santiago.
O lume destruíu a cociña e unha terraza contigua. O fume e as altas temperaturas causaron danos no resto do andar e na planta superior. Nos dous pisos viven membros da mesma familia, que puideron saír polo seu propio pé. Non houbo que lamentar danos persoais, aínda que a unha das donas tiveron que asistila as urxencias sanitarias porque sufriu un mareo e desmaiouse.
Na extinción do incendio participaron efectivos do parque de bombeiros de Santa Comba e do GES de Brión.
"A extinción durou dúas horas. Houbo que sacar dúas bombonas polo perigo que podían entrañar. Para acceder á terraza houbo que entrar con equipos de respiración debido a que o fume afectou a propia vivenda e o segundo andar."
Non están claras as causas do incendio aínda que se pensa que puido empezar nunha fritideira que había na cociña.
17 jul 2015
Unha muller tivo que ser asistida por causa dun incendio na súa casa de Negreira
12:57
Servizo de Emerxencias Brión
0 comentarios:
Publicar un comentario