O rexedor agradeceu expresamente á Fegamp e á Xunta de Galicia “que tivesen en conta as particularidades e necesidades que presentan Ames e Brión”. O alcalde de Ames, Santiago Amor, cualificou esta mañá como “moi boa noticia” para o municipio a posta en marcha, en colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e os concellos, dun grupo de emerxencias supramunicipal, que terá sede en Brión e dará servizo a Ames. O rexedor destacou que, deste xeito, Ames e Brión, que nos últimos meses atopábanse en negociacións sobre a atención de emerxencias, “quedamos cubertos nas intervencións máis inmediatas”. Santiago Amor agradeceu expresamente ao presidente da Fegamp e á Xunta de Galicia “que tivesen en conta as particularidades e necesidades que presentan Ames e Brión en materia de emerxencias”.
28 ene 2013
O alcalde de Ames celebra a posta en marcha dun grupo de emerxencias supramunicipal que dará servizo ao municipio
9:07
Servizo de Emerxencias Brión
0 comentarios:
Publicar un comentario