Os conselleiros de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza e de Medio Rural e Mar abordarán esta colaboración co delegado do Goberno en Galicia.
Os conselleiros de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, reuniranse este venres co delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, co fin de intensificar a acción policial contra os incendiarios e reforzar a coordinación na loita fronte ao lume forestal. Nesta xuntanza tamén participará o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto.
Na reunión, onde tamén estarán presentes responsables dos corpos e forzas de seguridade do Estado, concretaranse as medidas de reforzo da acción policial nos montes da nosa Comunidade, centrados na vixilancia, disuasión e persecución da actividade delictiva incendiaria.
Este encontro servirá ademais para potenciar a coordinación entre as diferentes administracións e organismos involucrados na loita contra os lumes forestais en Galicia, que se fai efectiva no Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia, que integran a Xunta e a Administración Xeral do Estado.
Investigación
Na axenda desta xuntanza de traballo do vindeiro venres tamén figura o obxectivo de mellorar e intensificar as liñas de investigación que se están a desenvolver nas zonas do territorio galego con maior incidencia deste problema.
1 mar 2012
Xunta e Goberno central reuniranse o venres para aunar esforzos na loita contra a actividade delictiva incendiaria
9:11
Servizo de Emerxencias Brión
0 comentarios:
Publicar un comentario