25 jun. 2018

Catro feridos leves tras envorcar un turismo no Milladoiro

O accidente produciuse no cruzamento da avenida Rosalía de Castro ca rúa da Cruxa.

Catro mozos resultaron feridos leves hoxe domingo, tras envorcar o seu turismo (un Toyota Corolla negro) esta mañá no Milladoiro (Ames), ás 08.00 horas e no cruzamento da avenida Rosalía de Castro ca rúa da Cruxa.
Os feridos foron trasladados polo 061, segundo Protección Civil de Ames, que desprazou ata o lugar a catro voluntarios. Tamén acudiron o GES de Brión, Garda Civil do Milladoiro e a Policía Local de Ames.

0 comentarios:

Publicar un comentario