20 may 2011

O SEBRI rescata a unha señora en Bertamirans, Ames

O Servicio de Emerxencias e Protección Civil de Brion rescata dun balcón a una señora no lugar de Bertamirans no Concello de Ames .


O aviso recibiuse o día 20 de maio as 09:25 horas a través da Policía Local de Ames, informando dunha señora que necesita asistencia nunha vivenda na Avda da Mahia.


Unha vez no lugar dos feitos atoparonse a una señora tirada no balcón da vivenda e a porta pechada.

A sua labor consistiu en poder acceder a vivenda utilizando una escala para entrar pola fiestra e axudar a señora que a pesar de pasar a noite fora encontrabase en boas condicións .


Ata o lugar do accidente desprazaronse tres membros do SEBRI con un vehiculo de primeira intervención e un camión urbano, tamén colaborarón persoal do 061 e a Policia Local de Ames.

0 comentarios:

Publicar un comentario