10 mar. 2011

Un home quéimase con gasolina en Brión nun accidente doméstico

Un veciño de Os Ánxeles, concello de Brión, resultou ferido de gravidade tras prenderse lume con gasolina durante nunha queima controlada autorizada no lugar de Cirro, en Bastavales. Os servizos de emerxencia trasladaron ao ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Fontes municipais relataron ao Correo Gallego que o home lles pediu leña aos donos doutra vivenda da aldea e posteriormente, ao tentar acendela con gasolina, sufriu queimaduras na metade superior do seu corpo. Ao lugar do suceso desprazáronse membros do Servizo de Emerxencias de Brión, da Garda Civil e un helicóptero do 061, que trasladou ao ferido ao centro hospitalario compostelán. O home evacuado, D.R.S., de 46 anos, presenta queimaduras de segundo grao en brazo, tórax e cara, segundo concretaron fontes sanitarias.

O suceso espertou moita expectación na zona, onde foi necesario cortar ao tráfico unha estrada.
Enlace: EL CORREO GALLEGO

0 comentarios:

Publicar un comentario