8 mar. 2011

Incendio nun alpendre na parroquia de Ons, Brion



Efectivos do Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Brion, extinguirón un incendio nun alpendre no lugar de Salaño Grande pertenecente a parroquia de Ons, no Concello de Brion.

O aviso recibiuse as 02:25 horas a traves da Central de Emerxencias 112- SOS GALICIA, unha vez no lugar do incidente atopáronse cun alpendre o cal estaba pegado a casa.

O seu labor consistiu en sofocar o incendio, evitando que se propagase á vivenda anexa.

Ata o lugar do incidente desprazouse unha dotación do servizo con dous vehiculos ( 1ª Intervención, e unha Autobomba Urbana) . Tamén colaborarón na intervención efectivos da Garda Civil.

0 comentarios:

Publicar un comentario