27 ene 2014

Os membros do GES que apagaron un incendio cunha “sulfatadora” podrían “ter incurrido nunha neglixencia” segundo Alberto Valverde

Dende a Mancomunidade afirman que "nestes momentos dispón dun vehículo lixeiro Pick Up con certa capacidade para cargar auga; que para dita actuación podería resultar suficiente”.

Con respecto a información feita pública polos traballadores do GES Val Miñor na que aseguraban que “apagaron un incendio empregando sulfatadora”  dende a Mancomunidade puntualizá que este feito podería ser constitutivo dunha “neglixencia” por parte dos operarios actores.
 
A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor xestiona o Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Val Miñor, que dá cobertura aos Concellos de Baiona, Gondomar, e Nigrán, en situacións de risco ou emerxencias, xa sexa en prevención e extinción de incendios, auxilios salvamentos ou evacuacións, entre outros. Actualmente este servizo está conformado por 11 persoas, ofrecendo un servizo continuado as 24 horas do día, durante todos os días do ano.

Para elo, o servizo "conta cunha serie de recursos, entre os que se encontran dous vehículos de intervención”. Dende a Mancomunidade aseguran que “un destes vehículos na actualidade non se atopa en condicións de ser usado, pois presenta unha avaría importante, e debido a antigüedade do mesmo, estanse valorando outras alternativas máis eficientes que a súa reparación para dotar dun novo vehículo ao servizo de emerxencias”.

O Presidente da Mancomunidade, Alberto Valverde Pérez explica que “estase a traballar conxuntamente dende a Xunta de Galicia, máis concretamente dende a Dirección Xeral de Emerxencias, a Consellería de Medio Rural, así como dende a Deputación de Pontevedra, a través do Consorcio, que son coñecedores da situación na que se encontra o Grupo de Emerxencias do Val Miñor”.

Mentras esta situación non se resolve, afirman, “o Servizo de Emerxencias está dotado, entre outros medios, dun vehículo lixeiro para rescates en accidentes de tráfico e rescate en altura. Asimesmo, conta na actualidade cun reforzo especial do servizo por parte do parque de Bombeiros do Porriño”.

O presidente da Mancomunidade e alcalde de Nigrán, Alberto Valverde Pérez, adianta que “en canto ás manifestacións realizadas polo GES, en relación a unha actuación que levaron a cabo  na Ramallosa, á que acudiron cunha ‘sulfatadora’ para apagar un incendio, abrirase unha investigación para determinar si os membros do GES que acudiron a dita actuación incurriron ou non nunha posible neglixencia; ou ao menos si actuaron de forma correcta, xa que a Mancomunidade nestes momentos dispón dun  vehículo lixeiro Pick Up con certa capacidade para cargar auga; que para dita actuación podería resultar suficiente”.
 
Os membros do GES que apagaron un incendio cunha “sulfatadora” podrían “ter incurrido nunha neglixencia” segundo Alberto Valverde

0 comentarios:

Publicar un comentario