28 may 2012

Accidente de tráfico en Viceso, no Concello de Brión.


Efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Brión interveñen nun accidente no lugar de Vilar parroquia de Viceso no Concello de Brión.
Sobre as 11:55 horas recíbese unha chamada da Central de Emerxencias 112 – SOS GALICIA, informando dun accidente na estrada DP- 1302.
Unha vez no lugar dos feitos, obsérvase unha colisión entre dous vehículos co resultado de varios feridos.
O seu labor consistiu en colaborar cos sanitarios do 061 e limpar os restos dos vehículos
Ademáis do SEBRI, colaborou persoal do 061 e a Garda Civil de Trafico.

0 comentarios:

Publicar un comentario