A corporación brionesa celebrou onte un pleno extraordinario solicitado polos dous partidos da oposición (PP e BNG) que reclamaron datos sobre o proxecto anunciado semanas atrás polo rexedor local, Xosé Luís García e o seu homólogo de Ames, Carlos Fernández, para fusionar o servizo de ambos os concellos de Emerxencias e da Policía Local.
No pleno, segundo informou o goberno local, atendéronse as dúbidas plasmadas por ambos os partidos e o rexedor explicou que o acordo, que PP e BNG apoian, non suporá un custo engadido para as arcas municipais, aínda que os axentes brioneses (tres na actualidade) verán equiparados os seus salarios cos seus compañeiros de Ames, o que implicará un aumento do gasto en materia de persoal.
Con todo, García confirmou que a curto prazo convocará á mesa de negociación do convenio do Concello para os servizos afectados por este acordo.
Tendo en conta as características de Brión e Ames e os medios humanos que ambos dispoñen en materia de seguridade, o acordo implica que Brión dispoña dun persoal moito máis reforzado de policías municipais mentres que Ames pasará a gozar dun equipo de ampla experiencia en materia de seguridade, aínda que, tal e como recoñece García, estes efectivos xa atendían numerosas chamadas do municipio amiense.
ENLACE: La Voz de Galicia
15 mar 2011
Brión equiparará o salario da Policía Local ao da de Ames tras o acordo de colaboración
10:46
Concello de Brión
0 comentarios:
Publicar un comentario