Na actualidade o Servicio Municipal de Protección Civil do Concello de Brión, está integrado polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal e pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
O Servicio Municipal de Protección Civil creouse no ano 2002. Asimesmo, o 15 de xullo de 2004 crease a Xunta Local de Protección Civil.
A Protección Civil Municipal ten como fin a configuración dunha organización en base os recursos municipais e a colaboración das entidades privadas e dos cidadáns , para garanti-la coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante os danos producidos polas situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade publica, mediante a realización de actividades que permitan evita-las mesmas , reduci-los seus efectos, repara-los danos e, no seu caso, contribuir a correxi-las causas productoras dos mesmos.
Os Grupos de Emerxencias Supramunicipais G.E.S., creáronse no ano 2013 a través dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais, en materia de Emerxencias e Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.
O presente convenio ten por obxecto colaborar para completar o mapa de emerxencias de Galicia mediante a implantación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais ( GES), como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal.
Os novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais situaranse extratexicamente en 25 localidades , e ao ter carácter supramunicipal permitirán ofrecer cobertura, xunto cos demais servizos de emerxencia, a un total do 90-97 % da poboación.
Cada GES estará composto por 12 efectivos, cunha estructura profesionalizada e de carácter permanente, dando cobertura a toda a zona de actuación do grupo.
Os GES dependerán tanto xurídica como orgánicamente do ente local polo que foron contractados e en ningún caso terá vinculo laboral coa Xunta de Galicia.
A coordinación técnica, en función das características da emerxencia ou actividade preventiva , será cos servizos contra incendios, cos distritso forestais e/ou coa Central de atención as emerxencias 112- Galicia.
A coordinación ordinaria levarase a cabo polo concello na que estea situada a base do grupo, tendo presente sempre o seu carácter supramunicipal.
1 ene 2011
HISTORIA
10:33
Concello de Brión