22 feb 2015

Un incendio nunha vivenda en Negreira causa danos materiais

Un incendio orixinado na cheminea dunha vivenda situada o lugar de Redemuiños, no municipio coruñés de Negreira, causou importantes danos materiais no inmoble aínda que non provocou feridos. 

Segundo informaron os bombeiros de Santa Comba, o suceso tivo lugar pouco antes das 20,30 horas ao iniciarse as lapas no conduto da cheminea desta vivenda unifamiliar. 

Unha vez no lugar, os bombeiros procederon a realizar os labores de extinción, que consistiron en arrefriar o interior do conduto da cheminea aplicando auga pulverizada. Posteriormente, realizaron unha ventilación a través do tiro de aire situado na cociña. 

Ao lugar dos feitos, ademais dos bombeiros de Santa Comba, acudiron efectivos do GES de Brión. As lapas quedaron sufocadas sobre as 21,44 horas, conforme precisaron as mesmas fontes.

0 comentarios:

Publicar un comentario