29 nov 2012

Accidente de trafico en Ons, no Concello de Brion

Os efectivos do Servicio de Emerxencias e Proteccion Civil de Brion, interveñen nun accidente de trafico no lugar de Ons no Concello de Brion. Despois de recibir o aviso da Central de Emerxencias 112 sobre as 00:35 horas tres efectivos do servizo desprazaronse ata o lugar dos feitos. Un vez ali atopanse cun vehiculo que se saira da via e estaba volcado na estrada, co resultado de dous feridos. A sua labor consistiu en colaborar co persoal do 061 e na limpeza da estrada dos restos do accidente. Ademais do 061 tamen participou a Garda Civil de Trafico.

0 comentarios:

Publicar un comentario