14 feb 2012

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia coordinou preto de 200.000 intervencións no ano 2011

O Centro de Emerxencias 112 coordinou preto de 200.000 intervencións durante o ano 2011, ademais de recibir máis dun millón e medio de chamadas. O maior número de incidencias estiveron relacionadas con incendios e salvamento, traslados e consultas sanitarias e requirimento de forzas da orde. A páxina web do 112 Galicia, www.axega112.org, recibiu durante o ano pasado máis de 300.000 visitas.

No día de hoxe celebrase o “Dia Europeo do 112”, considerado un referente a nivel internacional no ámbito das emerxencias. O 11 de febreiro de 2009, a Comisión Europea firmou una declaración conxunta co Parlamento Europeo na que se declarou o 11 de febrero como Día Europeo do 112.

O número único de emerxencia europeo 112 foi lanzado no ano 1991, e proporciona un só número para chamar en caso de emergencia na Unión Europea, facendo así que os servizos de emergencia sexan máis accesibles. Estes servizos de emerxencia pódense empregar de maneira totalmente gratuita en toda Europa, dende teléfono fixos ou móviles.

O número 112, como número único de emerxencias foi establecido pola Decisión do Consello da Unión Europea do 29 de xullo de 1991, e aprobado pola Directiva 98/10 do Parlamento Europeo.

112 Galicia
O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia atende e xestiona as chamadas de emerxencia da Comunidade Autónoma de Galicia recibidas a través do número 112, e coordina os medios e recursos que interveñen na resolución das emerxencias, contando para elo con procedementos e guías de actuación, adaptadas e constantemente actualizadas, para cada tipo de emerxencia, ca colaboración cos diferentes organismos con capacidade de actuación en emerxencias (protección civil, forzas e corpos de seguridade, bombeiros, servizo de incendios forestais, salvamento marítimo, urxencias médicas,...), cunha plataforma tecnolóxica acorde coas necesidades do servizo e axeitada as últimas tecnologías, e con recursos humanos necesarios para dar servizo as 24 horas do día, os 365 días do ano

O número de emerxencias 112 é un número único de emerxencias e urxencias en materia sanitaria, extinción de incendios e salvamento seguridade cidadá e protección civil, que está dispoñible as 24 horas do día os 365 días do ano. O 112 Galicia atende calquera demanda de urxencia e emerxencia e coordina as actuacións de tódolos organismos que interveñen na resolución das mesmas. É totalmente e balde, non ten ningún custe para o usuario.

Ademais, a comezos deste ano, deron comezo as obras de construción do nova Axencia Galega de Emerxencias (Axega), na Estrada que converterá ao concello no centro das emerxencias de Galicia, e que reunirá no mesmo espazo todos os recursos destinados ás emerxencias e á seguridade pública de Galicia, incluído o Centro e Emerxencias 112 Galicia.

Unha xestión de calidade
O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia é un servizo Certificado pola Norma ISO 9001:2000, o que implica que posúe un sistema de xestión que garante ós cidadáns unha atención e xestión das emerxencias eficaz e eficiente, mediante estándares establecidos pola organización, buscando sempre a mellora continua e cumprindo os requisitos que os cidadáns demandan na atención ás emerxencias, así como os legais e regulamentarios

0 comentarios:

Publicar un comentario