14 ene. 2011

AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE BRION

Foto-Antiga Base P.C.- Agosto 1997



HISTORIA


Devido a gran cantidade de intervencións do Servizo de Emerxencias (GRUMIR) desde a sua posta en marcha no ano 1997 e a un constante crecemento de poboación, aprobouse tras o acordo plenario do 17 de Febreiro de 1999 crear a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Brión , quedando rexistrada na Dirección Xeral de Protección Civil co numero 170. A pesar do pouco tempo que leva funcionando axiña se foi facendo habitual a súa presenza ó longo da dispersa xeografía do Concello en calquer acto que se celebrase, o que fixo que a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Brión, estase a mostrar como unha das iniciativas comunitarias de mais calado social, de entre moitas que profileran no noso Concello, sendo hoxe os servicios de Protección Civil, un dos peares no tema de seguridade, xa que cubren unha amplísima demanda cidadá que os converte en insustituibles. Todo isto fai da nosa Agrupación un motivo de orgullo para os veciños de Brión, xa que para eles somos a sentinela que garda a súa tranquilidade, sendo a primeira instancia á que se acode diante de calquera motivo de alarma. Tal é a simpatía que suscita na cidadanía que así ó poñen en manifesto as continuas felicitacións que se reciben, tanto directamente na Agrupación como na Alcaldia.
Dende o seu inicio un dos principais obxectivos desta Agrupación de Voluntarios foi a de formar os seus integrantes, realizando numerosos cursos de formación co fin de conseguir ese recoñecemento co esforzo desinteresado dos nosos voluntarios.
Actualmente esta Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Brión conta cun total de 36 voluntarios.