31 dic 2010

FUNCIÓNS

 

FUNCIÓNS A REALIZAR POLO G.E.S. BRIÓN
 
- Intervención en incendios forestais e urbanos, no ámbito territorial da súa demarcación. No caso de que na súa demarcación exista un parque comarcal de bombeiros , a actuación en incendios urbáns realizarase de xeito coordinado con éste. Nos incendios forestais deberán empregarse os vehículos de extinción dispoñibles de acordó coa súa operatividade .
   
- Intervención en situación de risco e de emerxencia para manter a rede de estradas e sen ser responsables do seu mantemento mediante a súa limpeza e retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente, utilizando para elo os materiais e medios que se requiran .
A responsabilidade derivada das reclamacións patrimoniais que poidan xurdir, será da administración titular da vía na que se produzca o sinistro.
   
- Intervención en situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrumbamentos, corrementos de terra, situación de seca, etc..
   
- Colaboración  e no seu caso, intervención en situacións derivadas de riscos inducidos polo home.
   
-  Colaboración coas autoridades competentes en materia de protección civil en casos de  aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados. As actuacións serán obxectivamente analizadas polo concello sede.
   
- Colaboración e apoio a de calquera situación que implique riscos para persoas, bens ou medio ambiente.

- Colaborar nas función correspondentes dos grupos de acción establecidos nos plans de emerxencia municipal (PEMUS), plans de actuación municipal ( PAM) e nos diferentes plans de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, previstos na normativa legal vixente.

- Intervención en incendios forestais no seu ámbito de actuación integrados no dispositivo do SPDCIF e baixo o mando único descrito no PLADIGA .

- Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto as traballos de prevención.

 - Realización de actividades e, no seu caso,  establecemento de medidas preventivas que disminúan ou minimicen as situacións de riscos indicados nos apartados anteriores.
   
- Calquera outra en materia de protección civil, emerxencias e medio ambiente, servicios sociais, sanidade , culturais, educativos e deportivos.

- A si mesmo poderán ser requeridos para colaborar na defensa de incendios forestais declarados noutros ámbitos territoriais, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo da correspondente indenización polos gastos ocasionados.